Venres, 10 de Setembro do 2010
Inicio

Campus de Baloncesto "Rosalia de Castro"


     Do próximo día 28 de xuño ao 2 de xullo, celebrarase outro ano máis o Campus de Baloncesto 'Rosalia de Castro' ', un campus de baloncesto e actividades deportivas, clases de inglés, piscina, obradoiros e visita ao aquapark de Cerceda. Ademáis regalarese a tódolos rapaces material deportivo: mochila, equipacion reversible e gorra. Deseñado para os rapaces entre 9 a 16 anos. As actividades realizaranse no pavillón do Restollal, en horario de 9.45 a 20.00 h(Con saida de autobuses dende o instituto Rosalia de Castro).


INSCRIPCION NO CAMPUS DE BALONCESTO 'ROSALIA DE CASTRO'

BLOG DO CAMPUS DE BALONCESTO 'ROSALIA DE CASTRO'




Campamento Urbano - Santiago 2010


ULTIMAS PRAZAS E ULTIMOS DIAS DE INSCRIPCIÓN

<5 PRAZAS INFANTIL (TÓDALAS QUENDAS): (NENOS NADOS 2006-2005-2004)

<5 PRAZAS (2ª QUENDA): NENOS NADOS 2003-1996


Datas e QuendasPrazas e Horarios
PrezosO prezo inclúeActividades
Do 28 de Xuño ao 30 de Xullo, excluíndo
fins de semana e festivos
Quendas do 28 de Xuño ao 16 de Xullo e
do 19 ao 30 de Xullo, podendo facer
ambas.

80 para estudantes de Primaria e ESO

50 para estudantes de Infantil

De 4 a 15 anos

De 8,15 a 14,30 h.

Primeira quenda: 160 €
Segunda quenda: 120 €
Dúas quendas: 200 €
Cada rapaz-a recibirá un paquete de
benvida composto por unha
identificación, unha gorra, dúas
camisolas e mochila.
Desprazamentos en bus.
Pequeno Almorzo diario
Inglés, Capoeira, Tai Chi, Aeróbic, Xogos
populares, Danzas do Mundo,
Manualidades, Informática, Iniciación
deportiva.
Visita ao Aquapark de Cerceda (só os
nenos e nenas de Primaria e Secundaria).
Sempre cos mellores técnicos!!


INSCRIPCION NO CAMPAMENTO URBANO - SANTIAGO 2010

BLOG DO CAMPAMENTO URBANO




Antonio Pantin, xogador do Rosalia PDF Imprimir Correo-e
Novas

    Antonio Pantín, pívot de 2.06, nacido en 1988 en Santiago, formará parte do novo proxecto do clube colexial. O xogador, xogou o pasado ano a liga EBA co Basquet Xiria de Carballo, sendo un dos referentes do equipo, ademáis de disputar o Circuíto Sub20 co Rosalía.

Estadísticas do xogador:

- http://competiciones.feb.es/estadisticas/Jugador.aspx?i=473360&c=715730&med=0

 
Pablo posse continuara no primeiro equipo PDF Imprimir Correo-e
Novas

     Pablo Posse (17/11/1989), seguirá alternando o seu taballo co equipo LEB e o de 1ª Nacional. O xogador, que pode ocupar o posto de 2 e 3, participará, por segunda vez consecutiva, co primeiro equipo do clube.

 
Manu Ferreiro primeira incorporación do Beirasar Rosalia PDF Imprimir Correo-e
Novas



     Manuel Ferreiro Somoza, Ocupa a posición de base, mide 1,85 metros de altura e naceu o 24 de maio de 1990 en Vigo (19 anos).

     A súa boa tempada no equipo cadete de Salesianos provocou que o conxunto olívico de Gestibérica Vigo interesásese neste base para o equipo de LEB Prata, sendo considerado como unha das grandes promesas do baloncesto vigués. Despois recalaría no equipo junior de Baloncesto Valladolid para disputar a liga EBA, xunto co equipo Sub 20 do Club Baloncesto Valladolid.
    


Traxectoria deportiva:

Temp. 1999/01 – Vigo Basquet (categoría preminibasket)
Temp. 2001/04 – Compañía de María (categorías minibasket, infantil y cadete)
Temp. 2004/05 – Seis Do Nadal (categoría cadete)
Temp. 2005/06 – Salesianos (categoría cadete)
Temp. 2006/07 – Ciudad de Vigo Básquet (categoría junior)
Temp. 2007/08 – Baloncesto Valladolid (categoría junior)
Temp. 2008/09 – Baloncesto Valladolid – Zarzuela Maristas Boecillo (liga EBA)


Estadísticas do Xogador:

http://competiciones.feb.es/estadisticas/Jugador.aspx?i=445573&c=1111069&med=1


 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 16