Martes, 07 de Setembro do 2010
Inicio

Campus de Baloncesto "Rosalia de Castro"


     Do próximo día 28 de xuño ao 2 de xullo, celebrarase outro ano máis o Campus de Baloncesto 'Rosalia de Castro' ', un campus de baloncesto e actividades deportivas, clases de inglés, piscina, obradoiros e visita ao aquapark de Cerceda. Ademáis regalarese a tódolos rapaces material deportivo: mochila, equipacion reversible e gorra. Deseñado para os rapaces entre 9 a 16 anos. As actividades realizaranse no pavillón do Restollal, en horario de 9.45 a 20.00 h(Con saida de autobuses dende o instituto Rosalia de Castro).


INSCRIPCION NO CAMPUS DE BALONCESTO 'ROSALIA DE CASTRO'

BLOG DO CAMPUS DE BALONCESTO 'ROSALIA DE CASTRO'




Campamento Urbano - Santiago 2010


ULTIMAS PRAZAS E ULTIMOS DIAS DE INSCRIPCIÓN

<5 PRAZAS INFANTIL (TÓDALAS QUENDAS): (NENOS NADOS 2006-2005-2004)

<5 PRAZAS (2ª QUENDA): NENOS NADOS 2003-1996


Datas e QuendasPrazas e Horarios
PrezosO prezo inclúeActividades
Do 28 de Xuño ao 30 de Xullo, excluíndo
fins de semana e festivos
Quendas do 28 de Xuño ao 16 de Xullo e
do 19 ao 30 de Xullo, podendo facer
ambas.

80 para estudantes de Primaria e ESO

50 para estudantes de Infantil

De 4 a 15 anos

De 8,15 a 14,30 h.

Primeira quenda: 160 €
Segunda quenda: 120 €
Dúas quendas: 200 €
Cada rapaz-a recibirá un paquete de
benvida composto por unha
identificación, unha gorra, dúas
camisolas e mochila.
Desprazamentos en bus.
Pequeno Almorzo diario
Inglés, Capoeira, Tai Chi, Aeróbic, Xogos
populares, Danzas do Mundo,
Manualidades, Informática, Iniciación
deportiva.
Visita ao Aquapark de Cerceda (só os
nenos e nenas de Primaria e Secundaria).
Sempre cos mellores técnicos!!


INSCRIPCION NO CAMPAMENTO URBANO - SANTIAGO 2010

BLOG DO CAMPAMENTO URBANO




O Beirasar consegue unha importante victoria en Córdoba PDF Imprimir Correo-e
Novas

O Beirasar Rosalía colleitou o pasado venres unha victoria por 97 a 100 vital nas aspiracións de eludir o descenso e rematar a tempada na parte alta da táboa no grupo B da Adecco Plata. O equipo santiagués foi quen de aguantar a alta anotación do encontro e no último cuarto deron mostras do gran potencial ofensivo do equipo anotando 36 puntos. A defensa, sen embargo, non foi o puntos forte do encontro pois os nosos encaixaron 26,27 e 27 puntos nos tres últimos cuartos. Na faceta anotadora destacaron Adrien Joseph con 18 puntos, José Luis Merino con 16, Marcus Wilson con 22 e 5 de 7 en tiros de tres puntos e o capitán Rogelio Legasa, con 16 puntos ós que engadiu 8 rebotes. Así o Rosalía queda terceiro da táboa a unha soa victoria do primeiro e segundo posto que ocupan respectivamente Alaior Menorca e Santurtzi. O próximo venres os rosalianos recibirán ó Qalat Cajasol para continuar na senda da victoria.

 

As estatísticas do encontro poden consultarse na FEB,  no seguinte enlace: http://competiciones.feb.es/estadisticas/Partido.aspx?p=666882

 
RETRANSMISION EN DIRECTO DO PARTIDO PDF Imprimir Correo-e
Novas

CLICK AQUI: http://www.ustream.tv/channel/partido-real-madrid-beirasar

 
Retransmisión do partido: Real Madrid- Beirasar Rosalia PDF Imprimir Correo-e
Novas

     Grazas aos compañeiros do portal web www.pasionporelbaloncesto.com, o partido deste venres que enforntará ao Beirasar Rosalia e o Real Madrid, poderase seguir en directo a través da sua web ou dende a nosa. Lembramos que o partido será o venres 5 ás 20.30 horas

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 16