|
Novas
|
|
Escrito por Txichón
|
|
Xoves, 04 Febreiro 2010 12:06 |
|
Hoxe, 4 de Entroido de 2010, o equipo LEB Plata volta ao traballo tras catro días libres. Estas minivacacións permitiron aos nosos xogadores o recuperar folgos para esta fase vital da temporada. O equipo preparará o partido contra o CB Tarragona do próximo mércores, un partido moito máis interesante do que poida parecer porque unha victoria permitiría agarda-la milagre de clasificarse para o grupo de ascenso ou, alomenos, sumar unha necesaria victoria máis para a seguinte fase.
O grupo, a excepción de Anthony Vereen que voltará mañá dos EEUU, traballa hoxe en doble sesión no Restollal. Toca dobe sesión mañá en Santa Isabel, o sábado en Rosalía e o luns en Santa Isabel. O domingo descansarán e o martes farán unha sesión previa ao viaxe.
Manterémosvos informados!!
|